Ladislau I de Nápoles o Magnánimo
Ladislau I de Nápoles o Magnánimo
(Nápoles 1376 - 1414) Rei de Nápoles (titular entre 1386 e 1400 e efectivo entre 1400 e 1414) e titular de Hungría, fillo e sucesor de Carlos III de Nápoles. En 1400 derrotou a Luís II ; de Anjou, pretendente ao trono napolitano e en 1403 fíxose coroar como rei de Hungría. Despois de ocupar Roma (1408), foi expulsado polo antipapa Xoán XXIII, co apoio de Luís II de Anjou.