ladrillo
(
-
s
m
[CONSTR]
Peza de barro cocido ou secado ao sol, de forma rectangular, empregada na construción. O seu uso é moi antigo. O ladrillo secado ao sol, ou adobe, é de pouca consistencia. Coñecido en época neolítica, foi o principal material utilizado nas construcións mesopotámicas e persas e usouse tanto nos pavimentos coma nas bóvedas. Os romanos utilizárono ata a fin da época republicana. O ladrillo vidriado apareceu no I milenio a C. O ladrillo cocido ao lume chegou a Roma a mediados do s I a C e difundiuse por todo o Imperio. En moitas ocasións revestíase de mármores e mosaicos. Coñecido polos musulmáns desde finais da época omeia, na Idade Media europea empregouse nos lugares onde escaseaba a pedra. Na arquitectura bizantina, e desde o Renacemento, tivo fins decorativos. A súa elaboración é de baixo custo. Trala preparación da masa, acométese o modelado, xeralmente realizado con prensa, o secado, en cámaras ou túneles, e a cocción no forno. É moi resistente á humidade e á calor e a súa cor varía segundo as arxilas utilizadas. Comunmente mide 28 cm de lonxitude, 14 cm de ancho e 7 cm de groso.
-
ladrillo agramilado
[CONSTR]
Ladrillo prensado que ten as caras maiores fundidas para recibir a masa e evitar que as xuntas queden moi abertas. Emprégase nos paramentos de ladrillo visto.
-
ladrillo azul/santo/de ferro
[CONSTR]
Ladrillo elaborado con arxila rica en cal e óxido férrico, cocido ata a vitrificación, e que, pola súa dureza, se emprega nas constucións hidraúlicas.
-
ladrillo cadrado
[CONSTR]
baldosa.
-
ladrillo común
[CONSTR]
Ladrillo elaborado con barro cocido a temperaturas baixas (900-1.100°C).
-
ladrillo cru
[CONSTR]
Ladrillo secado ao sol.
-
ladrillo de cemento
[CONSTR]
Ladrillo elaborado por comprensión dunha masa a base de area, cemento e cal hidraúlico, que non se somete a cocción.
-
ladrillo de coque
[CONSTR]
Ladrillo elaborado con cemento e escouras de coque para conseguir unha maior lixeireza.
-
ladrillo de cortiza
[CONSTR]
Ladrillo elaborado con morteiro de cal, arxila e cortiza, ou só con cortiza e un aglomerante.
-
ladrillo de vidro
[CONSTR]
Ladrillo elaborado con vidro empregado na construción de paramentos translúcidos, claraboias e outros elementos que permiten o paso da luz.
-
ladrillo esmaltado/de maiólica
[CONSTR]
Ladrillo que ten unha das súas caras cubertas con esmalte. Emprégase con fins decorativos ou hidrófugos.
-
ladrillo flotante
[CONSTR]
Ladrillo elaborado con cemento e tufos silíceos, ou magnesia porosa, de xeito que ten unha gran lixeireza e pode flotar.
-
ladrillo furado
[CONSTR]
Ladrillo que ten o seu interior percorrido por canles lonxitudinais.
-
ladrillo hidraúlico
[CONSTR]
Ladrillo elaborado con materiais e procedementos que o fan resistente á humidade.
-
ladrillo hidrófugo
[CONSTR]
Ladrillo que no seu proceso de elaboración inclúe unha capa vitrificada que o fai impermeable.
-
ladrillo moldeado
[CONSTR]
Ladrillo elaborado cun molde e con formas variadas segundo a súa función.
-
ladrillo oco
[CONSTR]
Ladrillo oco e delgado que se emprega en tabiques para alixerar o seu peso.
-
ladrillo pneumático
[CONSTR]
Ladrillo do que se extrae, durante a súa elaboración, o aire intersticial e se substitúe por etileno, amoníaco ou butano, ou por presión ou expansión. Emprégase na pavimentación.
-
ladrillo poroso
[CONSTR]
Ladrillo elaborado con arxila e material combustible para que este sexa queimado durante a cocción coa finalidade de ser lixeiro e illante térmico.
-
ladrillo prensado
[CONSTR]
Ladrillo que é prensado antes da cocción.
-
ladrillo recocido
[CONSTR]
Ladrillo sometido a unha longa cocción e que adquiere unha resistencia de compresión de 259 kg/cm 2 .
-
ladrillo refractario
[CONSTR]
Ladrillo elaborado a base de arxila refractaria e arxila cocida moída. É infusible e aplícase na construción de fornos e construcións semellantes.
-
ladrillo triangular
[CONSTR]
semilater.
-
ladrillo visto
[CONSTR]
Ladrillo que se deixa sen recubrir.
-
ladrillo vitrificado
[CONSTR]
Ladrillo elaborado cunha masa a base de terra, feldespato e, ás veces, colorantes que se coce a altas temperaturas e chega ata a vitrificación. Non é poroso e é difícil de raiar.