Lagariños, pazo de

Lagariños, pazo de

Construción situada en Santo Eusebio da Peroxa (Coles). A súa planta é irregular, produto dos diversos engadidos á obra orixinaria. De dúas alturas, na planta baixa hai dous arcos, un deles cego e outro que serve de acceso e sobre eles mantéñense dous escudos. A fachada sitúase unida a un corpo un pouco máis alto cuberto a catro augas. Conserva dúas solainas descubertas. Relaciónase cos Nóvoa, Puga, Vilamartín, Toubes, Temes, Rajoy, Deza, Cadórniga, Bóveda e Salgado.

Palabras veciñas

Lagares ou Gandariña | lagareta | Lagareu | Lagariños, pazo de | lagarta | lagarteira | 1 lagarteiro -ra