lagarto

lagarto

(

  1. [ANIMAL]
    1. s m

      Réptil da orde dos escamosos, de forma alongada, con, salvo excepcions (escáncer), e catro extremidades completas, algúns deles coas patas pouco desenvolvidas (esgonzo común). Os dedos adoitan ser longos e finos, especialmente o cuarto, que pode ter o dobre de lonxitude cós demais. A cabeza é máis ou menos robusta e a boca está provista de numerosos dentes, implantados directamente nos maxilares. O corpo está cuberto de escamas, superpostas ou non, os ollos teñen pálpebras e o oído está moi desenvolvido, tendo as aberturas auriculares unha membrana timpánica visible. Viven en ambientes variados pero sempre soleados, aínda que máis ou menos húmidos. Reprodúcense por ovos. As crías despois de nacer son capaces de desenvolver unha existencia autónoma e teñen unha coloración distinta á dos adultos. Aliméntanse, xeralmente, de insectos e outros invertebrados, algúns tamén dalgunha froita ou micromamíferos. Poden desprenderse voluntariamente dunha parte da cola por autotomía para chamar a atención dos depredadores. Os lagartos en Galicia pertencen aos xéneros Lacerta, Anguis, Tarentola e Chalcides.

    2. lagarto arnal [port: sardao; cast: lagarto ocelado; ingl: ocellated lizard] [Lacerta lepida, Fam dos lacértidos]

      Lagarto de maior tamaño de Galicia e de Europa, chegando a medir 260 mm. É verdoso con pintas negras polo lombo e uns característicos ocelos azuis nos costados, que son máis vistosos nos machos. As poboacións galegas son de tamaño lixeiramente inferior. Está activo entre marzo e novembro, e inactivo durante o inverno. Prefire áreas despexadas, con matorrais dispersos, e cálidas. Atópase sempre en zonas soleadas e cerca de refuxios (pedras) para protexerse. A súa alimentación baséase en insectos (sobre todo coleópteros) e outros pequenos artrópodos, gasterópodos (lesmas e caracois), micromamíferos, pequenos réptiles e froitos. En Galicia está presente en todo o territorio, se ben non aparece nas zonas máis húmidas. Existe unha subespecie exclusiva da Illa de Sálvora (Lacerta lepida oteroi)

    3. lagarto das silvas [port: lagarto-de-água; cast: lagarto verdinegro; ingl: Schreiber´s green lizard] [Lacerta schreiberi, Fam dos lacértidos]

      É o máis característico e frecuente dos lagartos galegos. Mide entre 71 e 120 mm, de corpo e cabeza, e o dobre de rabo. A cabeza dos machos é máis grande cá das femias. O corpo dos machos é verde claro ou amarelo cun fino punteado negro ata as patas traseiras, sendo estas e o rabo de cor marrón. As femias poden ser verdes coas patas posteriores e o rabo marróns ou completamente marróns, con manchas negras irregulares. En Galicia é activo desde febreiro ata novembro, sendo o celo nos meses de abril e maio. Vive en ambientes húmidos, e en Galicia atópase en zonas de mato, en áreas abertas, lindeiros de bosques e terras de labor. Aliméntase de insectos, outros pequenos artrópodos, pequenos gasterópodos e ás veces amoras. É un endemismo ibérico que soamente se atopa no NO da Península Ibérica e no Sistema Central, e en Galicia está uniformemente distribuído.

  2. s m

    solombo.

Refráns

  • En marzo saca a cabeza o lagarto e en abril acaba de saÍr.

Palabras veciñas

1 lagarteiro -ra | 2 lagarteiro -ra | Lagartera | lagarto | Lagarto | Lagarto | Lagartóns