Lagaš

Lagaš

Antiga cidade sumeria, situada entre o Tigris e o Eúfrates, coa cidade sagrada Girsu, actual Tello. Ocupada desde o IV milenio a C, tivo unha grande importancia no milenio seguinte, especialmente baixo Eannatum e Entemena. Despois da súa derrota por Uruk, viviu unha etapa de decadencia ata que, durante o goberno do príncipe Gudea, recuperou a súa importancia e exerceu certa soberanía sobre as vellas cidades sumerias. A cidade continuou habitada durante as dinastías III de Ur e a de Larsa.