Lagocephalus
Lagocephalus
[ANIMAL/ICT]
Xénero de peixes, da famila dos tetraodóntidos, que pode inflar o seu corpo absorbendo auga ou aire e presenta beizos carnosos. En Galicia, hai referencias dunha especie, o tamboril (L. lagocephalus), de corpo oblongo e fusiforme, liña lateral ben marcada, cor gris azulada, e ventre e flancos prateados e abrancazados.