lagosta

lagosta

(< lat v *lacusta, por locusta)

  1. [ANIMAL]
    1. s f

      Nome común que reciben os crustáceos decápodos do xénero Palinurus, da familia dos palinúridos.

      Sinónimos: langosta.
    2. lagosta común [ingl: spiny lobster] [Palinurus elephas, Fam dos palinúridos]

      Crustáceo macruro da orde dos decápodos cun tamaño medio de entre 20-30 cm pero que pode acadar ata 50 cm de lonxitude. Ten cinco pares de patas e un de antenas. As antenas do segundo par son longas e fortes, e as patas do primeiro par son marchadoras e non teñen pinzas, senón que rematan nunha uña robusta. Habita nas cavernas das costas rochosas, a partir de 15 m de profundidade, e aliméntase de invertebrados mariños. Péscase con nasas e constitúe un dos produtos máis apreciados en gastronomía.

    3. lagosta moura [cast: langosta rosada o mora; ingl: pink spiny lobster] [Palinurus mauritanicus, Fam dos palinúridos]

      Crustáceo macruro da orde dos decápodos, cun tamaño medio duns 80 cm. Presenta o corpo de cor avermellada ou rosa e xaspeado. Ás veces, a coloración pode ser abrancazada, polo que tamén se coñece como lagosta branca. Atópase sempre por debaixo dos 200 m de profundidade. Ten hábitos nocturnos e aliméntase de prea, bivalbos e gasterópodos, que abre con suma destreza e habilidade. Habita no Mediterráneo e é moi común na costa N de África e no S dos países europeos.

    4. lagosta real [Palinurus regius, Fam dos palinúridos]

      Crustáceo decápodo que presenta o corpo de cor verdosa cunha mancha transversal branca en cada segmento do abdome. Esta coloración fai que este exemplar tamén se coñeza co nome de lagosta verde. Atópase na costa española e francesa, entre os 5 e 40 m de profundidade.

  2. s f [ANIMAL/ENTOM]

    Insecto da orde dos ortópteros, coas patas traseiras moi desenvolvidas, polo que pode dar grandes saltos. Ten as antenas curtas, pezas bucais mastigadoras con fortes mandíbulas e uns órganos estriduladores na zona interior do fémur que ao frotar contra as ás anteriores producen un son característico. Posúen tamén unhas membranas timpánicas no primeiro segmento abdominal. Presenta dúas fases, unha solitaria, de cores apagados, ás curtas (voan pouco) e co primeiro segmento torácico con xiba, e outra gregaria, que xorde cando escasea o alimento, e na que se agrupan moitos individuos. Esta fase diferénciase da anterior porque os insectos teñen unha cor máis rechamante, ás máis longas (para voar e desprazarse a grandes distancias) e o primeiro segmento abdominal plano. De ampla distribución, tamén pode atoparse na Península Ibérica. Pode ser unha praga para a agricultura.

Palabras veciñas

Lagos, Os | Lagos, punta dos | Lagoso | lagosta | lagosteira | Lagosteiras | lagosteiro