Lagrange, puntos de

Lagrange, puntos de
[MAT]

Conxunto, no movemento de tres corpos ao redor dun centro común de gravidade, sendo un dos corpos moito máis pequeno ca os outros, de cinco posicións tales que, se o corpo máis pequeno ocupa algunha, as órbitas son practicamente elípticas. Foron propostos por J. L. Lagrange en 1772. O grupo Troiano disponse sobre os puntos de Lagrange do campo gravitacional Sol + Xúpiter.