lakista
lakista
(< ingl lake)
adx e s
[LIT]
Poeta romántico da rexión dos Lagos do Norte, ao NO de Inglaterra. William Wordsworth, natural desta rexión, instalouse alí en 1799. Ao ano seguinte estableceuse o seu amigo Samuel Taylor Coleridge. Robert Southey -cuñado de Coleridge e amigo de Wordsworth- tamén residiu alí, quen, xunto con outras vinculacións persoais e literarias, favoreceu a integración dos tres nesta suposta escola. A denominación, moi circunstancial, designou un grupo heteroxéneo (agás en idade) que, aínda que representa a primeira fase do romanticismo inglés, está lonxe de formar unha tendencia compacta. Wordsworth, o máis destacado, foi o único que estableceu certo programa literario.