lambada

lambada
  1. s f

    Golpe que se dá na cara coa palma da man.

    Ex: Deulle unha lambada por tirar coas caixas e non recollelas.

    Sinónimos: labazada. Confrontacións: lapada, lapote, sopapo, sopramocos.
  2. s f

    Cousa de comer de sabor doce, como os caramelos ou os pasteis.

    Ex: Teño que agochar as lambadas para que non as coma.

    Sinónimos: lambedela, lamberetada, lambeta, lambetada, lambonada, larpeirada. Confrontacións: lambiscada, lambuzada.
  3. s f

    Alimento de excelente sabor que habitualmente se toma fóra das comidas principais.

    Ex: Gústame tomar unha lambada coa cervexa.

    Sinónimos: lambedela, lamberetada, lambeta, lambetada, lambonada, larpeirada. Confrontacións: lambiscada, lambuzada.
  4. s f [MÚS]
    1. Tipo de baile brasileiro moi sensual.

    2. Música que acompaña este baile.

Palabras veciñas

Lamb, Willis Eugene | lamba | Lamba | lambada | Lambayeque | lambda | Lambda 4S