Lambeth
Lambeth
Antiga cidade de Inglaterra, situada no condado de Surrey, actualmente barrio de Londres, na ribeira dereita do Támesis (283.300 h [1989]). O palacio de Lambeth é, desde o s XII, residencia dos arcebispos de Canterbury e, desde 1867, celébranse as Conferencias de Lambeth, asembleas mundiais da Igrexa Anglicana.