Lambrica

Lambrica

Antiga cidade de Gallaecia, da que non se coñece a localización certa. Habitada polos praestamarcos, tamén chamados pistomarcos por Plinio o Vello, Pomponio Mela, na súa De Chorographia, situouna entre os ríos Lérez e Ulla. Non obstante , X. C. Bermejo Barrera situouna entre o río Limia e o Miño, e frei Martín Sarmiento na Lanzada ou Pontevedra.