lámina
(< lat lamĭna)
-
s
f
Anaco plano e duro de calquera material resistente.
-
s
f
[BOT]
-
Prego delgado radial situado na cara inferior do sombreiro dos cogomelos, recuberto polo himenio.
-
Parte superior ensanchada do pétalo.
-
limbo.
-
-
[XEOL]
-
s
f
Plano de orde inferior á de estratrificación que se aplica en sedimentoloxía.
-
lámina delgada
Mostra de rocha tallada finamente para ser observada mediante o microscopio.
-
s
f
-
s
f
[GRÁF]
Ilustración, gravado ou policromía impresos á parte do texto do libro. Xeralmente, unha cara da folla queda en branco e é de papel diferente. Pódense volver atar as láminas co texto, enganchalas noutra folla ou xuntalas ao volume nun apéndice e adoitan ir numeradas á parte.
-
lámina anelada/periódica
[BIOL]
Estrutura citoplasmática formada por un conxunto de catro a vinte vesículas aplanadas, de 20 mm de diámetro e de lonxitude variable, que se dispoñen paralelamente, unha a continuación da outra deixando un espazo duns 40 mm de diámetro. Estas láminas non se atopan en todas as células animais, e son máis frecuentes nas células xerminais e nas que teñen unha elevada síntese proteica. A súa funcionalidade é dubidosa, se ben se considera como un reservorio de membranas que posteriormente serán empregadas na formación do envoltorio nuclear.
-
lámina de caras paralelas
[FÍS]
Sistema óptico que consiste en dous planos paralelos entre os que hai un medio de índice de refracción n. Se un raio de luz atravesa a lámina experimenta dúas refraccións, de maneira que un observador situado a un lado da lámina ve un punto A, e se se atopa situado no outro lado, ve unha posición A’ máis preto da lámina.
-
lámina de sílex
[ARQUEOL]
Tipo de lasca, tamén chamado folla, cunha lonxitude maior ca o dobre da súa anchura que adoitan ter diversas formas. A cara dorsal está cruzada por arestas lonxitudinais.
-
lámina magnética
[TECNOL]
Lámina moi delgada de material ferromagnético que se emprega como soporte de rexistro de información e que se dispón sobre un tambor xiratorio de escritura e lectura. Constitúe un tipo de memoria de fácil manexo.
-
lámina-â pregada
[BIOQ]
Conformación secundaria das proteínas na que as cadeas polipeptídicas están dispostas en láminas pregadas, unidas transversalmente por pontes de hidróxeno e situadas de xeito que os grupos amino e carboxilo adxacente quedan enfrontados. Os grupos R quedan radicados por riba e por debaixo dos planos en forma de zig-zag da lámina. Cando as estruturas â teñen o mesmo sentido, a lámina â resultante é paralela, e se as estruturas â teñen sentidos opostos, a lámina pregada resultante é antiparalela. Esta disposición, en lámina-â pregada, describiuse a partir do estudio das â-queratinas como a fibroína da seda.