Laminaria
Laminaria
[PROTISTA]
Xénero de algas feófitas, da familia das laminariáceas, que ten forma de lámina coriácea pedicelada e que habita na zona intermareal das costas atlánticas, excepto a especie L. rodriguezii, que habita no Mar Mediterráneo. Algunhas especies aprovéitanse como abono e para a extracción de alxinatos.