Lampetra
Lampetra
[ANIMAL/ICT]
Xénero de peixes ciclostomados, da familia dos petromizóntidos, que carece de mandíbulas e de escamas e presenta un esqueleto cartilaxinoso alongado con dúas aletas dorsais posteriores e unha aleta caudal. Pertencen a este xénero as especies L. fluviatilis ou L. planeri.