lamprea

lamprea
s f [ANIMAL/ICT]

Ciclóstomo mariño, moi primitivo, que pertence a diversas especies dos xéneros Lampetra e Petromyzon. Son vermiformes, a súa pel é espida e viscosa, coa boca redonda, adaptada á sución, desprovista de mandíbulas pero con numerosas fileiras de dentes córneos. Presenta sete pares de orificios branquiais a ambos os dous lados do colo e unha aleta na metade posterior do corpo. O esqueleto é enteiramente cartilaxinoso. Son uns peixes moi inferiores que chuchan o sangue dos animais acuáticos aos que parasitan. Existen formas mariñas que remontan os ríos para a posta, como a especie P. marinus, e outras pasan toda a súa vida en auga doce aínda que tamén se poden atopar no mar (L. fluviatilis e L. planeri). En Galicia están presentes no tramo medio e final dalgúns ríos, e é moi coñecida e apreciada gastronomicamente a lamprea do baixo Miño.

Refráns

  • Non comas lamprea, que non é sá e ten a boca fea.