lance

lance

(< lanzar)

  1. s m

    Acción e efecto de lanzar.

    Sinónimos: lanzamento.
  2. s m [MAR]

    Acción de lanzar os aparellos ao mar para pescar.

    Ex: Fixeron varios lances pero non había moita pesca.

    Sinónimos: largada.
  3. s m [MAR]

    Cantidade de pesca que se recolle cada vez que se bota ao mar o aparello.

    Ex: Tiveron un bo lance de xurelo.

  4. s m

    Acontecemento salientable que se integra nun conxunto.

    Ex: Falounos dos lances do seu rescate na montaña.

    Confrontacións: episodio.
  5. s m

    Acción ou episodio interesante dentro do conxunto nunha obra literaria.

    Ex: Nesa novela hai moitos lances heroicos.

    Sinónimos: episodio.
  6. s m

    Disputa entre dúas ou máis persoas.

    Ex: As dúas familias manteñen un lance desde hai moitos anos.

  7. s m

    Circunstancia ou acontecemento difícil na vida dunha persoa.

    Ex: Aínda non superou o lance da súa separación.

    Sinónimos: transo.
  8. s m

    Cada un dos movementos que se fan coa gadaña ou co fouciño durante a sega.