Lanciani, Giulia

Lanciani, Giulia

Filóloga italiana. Catedrática de Lingua e Literatura Portuguesa na Università di Roma Tre, no eido da literatura galego-portuguesa medieval publicou edicións críticas dos trobadores Fernan Velho e Airas Veaz, analizou as características da tenzón e da sátira e editou algúns textos de finais do s XIII presentes nos cancioneiros medievais. Tamén estudiou a literatura portuguesa dos ss XVI e XVII e a obra de poetas e narradores contemporáneos e traballou tamén na investigación da literatura portuguesa de viaxes e na elaboración metodolóxica dos problemas relativos á tradución literaria. Publicou varias traducións de escritores portugueses, brasileiros, galegos e cataláns e promoveu a difusión en Italia, a través do Premio Tivoli-Europa, dalgúns dos novos poetas galegos. Dirixiu o Dicionário da Literatura Medieval Galega e Portuguesa (1993, en colaboración con G. Tavani), a Grammatica portoghese (1993) e As cantigas de escarnio (1995). A Universidade Nova de Lisboa outorgoulle o título de doutora honoris causa (2002). Obtivo o Premio Calabria, o Premio della Presiudenza del Consiglio e o Premio nazionale per la traduzione 2003, outorgado polo Ministero italiano dei Beni Culturali.

Palabras veciñas

2 lancha | Lanchester, Frederick William | Lancia | Lanciani, Giulia | lancienses | lancinante | Lancret, Nicolas