landoma
landoma
-
adx
Relativo ou pertencente aos landoma ou á súa lingua.
-
s
[ETN]
Individuo do pobo landoma.
-
s
m pl
[ETN]
Pobo africano que habita en Guinea. Dedícanse fundamentalmente á agricultura, empregando un sistema de roza e queima. A dieta compleméntase coa caza e a pesca. O seu sistema de goberno, centralizado, está presidido por un xefe principal que delega en diversos xefes de distrito. A súa organización social baséase nun sistema matriarcal. A poboación agrúpase en aldeas, que contan con 100 ou 200 habitantes, repartidas polas chairas e os vales abertos. Practican maioritariamente a relixión musulmana, pero conservan crenzas preislámicas.
-
s
m
[LING]
Lingua do phylum níxer-congo que fala o pobo landoma.