Landsat

Landsat
[COSMON]

Serie de satélites estadounidenses destinados á observación dos recursos terrestres desde o espacio, continuadora da serie Earth Ressources Technology Satellites. En 1972 lanzouse o primeiro Landsat, que orbitaba a 900 km de altura nunha órbita heliostacionaria, para fotografar a superficie terrestre. En 1980 foi relevado polo Landsat II, construído en 1975 e que estivo en activo ata 1982. En 1978, o Landsat III incorporou unha quinta banda espectral e, en 1982, o Landsat IV dispuxo dunha cámara para a realización de mapas temáticos.