lanolina
lanolina
(< fr lanoline < lat lana ‘la’ + oleum‘aceite’)
s
f
[QUÍM]
Graxa de cor escura e olor característico que se extrae da la dos cordeiros. Propiamente é unha mestura de ácidos graxos esterifiados con alcohois do tipo da colesterina e a isocolesterina. Emprégase moito en cosmética e en farmacia, como base para elaborar ungüentos. OBS: Tamén se chama graxa de la.