Laplace, ecuación de
Laplace, ecuación de
[MAT]
Ecuación diferencial en derivadas parciais que se expresa pola fórmula Äf=0, onde Ä é o laplaciano. As funcións que son solución da ecuación de Laplace denomínanse funcións harmónicas, e teñen unha especial aplicación na teoría do potencial. No caso de que f sexa unha función da variable complexa z=x+iy, a ecuación de Laplace expresa a condición necesaria e suficiente para que f sexa derivable.