lapsi*

lapsi*
s m pl [RELIX]

Cristiáns que nos ss III e V negaban a súa fe por medo ás persecucións. Ao multiplicarse os desfalecementos, particularmente por mor da persecución de Decio entre 250-251, foi aceptado, por influencia de Cebrián, que os lapsi fosen readmitidos na Igrexa despois dunha seria penitencia. Os intransixentes opuxéronse e con Novaciano fundaron unha igrexa cismática.

Palabras veciñas

lappet* | lapping* | Lapsana | lapsi* | lapso | lapsus calami* | lapsus linguae*