Larousse, Librairie
Larousse, Librairie
Editorial fundada en París en 1852 por Pierre Larousse e Augustin Boyer. Nos seus inicios dedicouse á publicación de libros de texto, baseados en principios pedagóxicos modernos na súa época. En 1863 emprendeu a publicación do Grand Ditionnaire universel du XIXe siècle, ao que seguiron numerosos dicionarios enciclopédicos, como o Grand Larousse encyclopédique e o Grand Ditionnaire encyclopédique Larousse, ademais de diversos dicionarios bilingües, outros especializados e obras xerais. Destas, unha das máis destacadas é Le Petit Larousse. Cun espírito internacional, conta con equipos de edición e redacción en nove países do mundo.