Láscaris
Láscaris
Familia bizantina que, despois do saqueo latino de Constantinopla, acadou un relevo importante con Teodoro I, fundador do Imperio Bizantino de Nicea en 1204. Sucedeuno Xoán III Ducas Vatatzes (1222-1254), que pasou o trono ao seu fillo Teodoro II (1254-1258). Protectora das letras e das artes, a dinastía desapareceu tralo asasinato do Emperador Xoán IV (1258-1261) por Miguel VIII Paleólogo.