laúde
(<ár hispánico al’úd < ár ‘ūd)
-
s
m
[MÚS]
Instrumento cordófono composto e sen cordal. A caixa, en forma de media pera, está unida a un mango de lonxitude variable. As cordas, habitualmente cinco dobres e unha sinxela, chamada prima, son pinzadas. É de orixe oriental e foi moi empregado nos ss XV-XVII, pero posteriormente caeu en desuso. Unha variedade máis grosa é o arquilaúde.
-
s
m
[MÚS]
Nome dado aos cordófonos compostos, na clasificación organolóxica moderna, nos que a caixa de resonancia, con ou sen cordal, vai unida a un mango de lonxitude e anchura variables. As cordas están fixadas por un extremo ao caravilleiro e por outro á caixa. Dentro da familia dos laúdes inclúense os diversos tipos de violas, violíns, os mesmos laúdes (mandolina, chitarrone) e as guitarras. OBS: Adoita empregarse en plural.
-
s
m
[MAR]
Pequena embarcación de arco variable aparellada con vela latina para a pesca e a cabotaxe.