Lavacolla, aeroporto de

Lavacolla, aeroporto de

Aeroporto situado no concello de Santiago de Compostela. Está declarado desde 1995 de actuación conxunta civil-militar. A titularidade dos seus terreos repártese entre Aena e o ministerio de Defensa. A terminal de pasaxeiros rematouse de construír en 1969 e ampliouse en 1976, 1982 e 1993. Emprégase para tráfico regular e chárter, tanto nacional como internacional, e para aviación xeral. En 2001 acadou a certificación ISO 9001/2000. En 2003 rexistrou un total de 1.381.826 pasaxeiros.

Palabras veciñas

lavabo | lavacán | Lavacolla, A | Lavacolla, aeroporto de | lavacristais | lavacuncas | lavacús