Lavadores
Lavadores
Antigo concello anexionado ao de Vigo en 1941. Creouse trala desaparición administrativa do Reino de Galicia. A capital estableceuse en Santa Cristina de Lavadores e acollía as parroquias de Bembrive, Cabral, Candeán e Zamáns, posteriorme anexionou Teis. De carácter rural, foi un dos núcleos do agrarismo e onde se redactou o Manifesto de Agosto de 1912, de Basilio Álvarez. Contou tamén con dúas fábricas de curtidos.