Lavandeiras, pazo das

Lavandeiras, pazo das

Construción situada en Cerceda. Ten planta rectangular e na fachada destaca un escudo timbrado con catro carteis cun castelo, un león, paos e faixas cruzadas e a banda engolada de dragantes dos Andrade. Conserva a capela e construcións adxectivas.