lawsonita
lawsonita
s
f
[MINERAL]
Silicato hidratado de aluminio e calcio, de fórmula CaAl2(OH)2Si2O7·H2O. Pertence ao grupo dos sorosilicatos e cristaliza no sistema rómbico. É de cor branca ou gris e o brillo é como o do vidro. Ten unha dureza 6 e unha densidade 3,09.