Laxas, pazo de
Laxas, pazo de
Construción situada en Boborás que pertence ao conxunto de Pazos de Arenteiro. Moi reformado, a primitiva planta en escuadra (s XVIII) converteuse nun rectángulo e modificáronse as chemineas. Conserva un patio exterior que o separa das dependencias auxiliares.