1 lazo
(
-
s
m
Atadura feita cun nó corredío que se pode desfacer con facilidade ao tirar dun dos cabos.
Ex: Aprendinlle a facer os lazos do zapatos.
-
s
m
Atadura que se fai cunha fita, un cordón ou similar como adorno para suxeitar unha cousa con outra.
Ex: Gústalle recoller o pelo con lazos de cores.
-
s
m
Fita que se utiliza para facer lazadas ou adornos.
Ex: Mercou lazos vermellos para adornar a árbore de Nadal.
-
s
m
[ARTE]
Cada un dos debuxos que nunha lacería se repiten sen solución de continuidade.
-
s
m
Corda cun nó corredío que se utiliza para cazar animais.
Ex: Aprendeu a botarlle o lazo ós cabalos no curro.
-
s
m
Rede ou aramado para cazar coellos.
-
s
m
Relación ou nexo entre persoas ou cousas.
Ex: Están unidos por lazos familiares.
-
s
m
[TÉXT]
Cada unha das cordas representativas dunha pasada que se tecen no aparello de ler os debuxos jacquard para pasalos a debuxos de cartón.
-
lazo de amor
[HERÁLD]
Adorno do escudo que se representa cun cordón entrelazado e coas extemidades atravesando o centro do escudo, saíndo pola súa punta, unha polo lado dereito e outra polo esquerdo.