LD, procedemento
LD, procedemento
[IND]
Procedemento de obtención de aceiro por oxidación do ferro fundido. Esta oxidación faise por medio dunha corrente de osíxeno puro que se inxecta na parte superior dun convertedor, que ten un revestimento interior magnésico recuberto con dolomía. Este procedemento, que é unha variante do de H. Bessemer, foi empregado por primeira vez en 1948.