Lebowa
Lebowa
Antigo bantustán da República Sudafricana, situado no Transvaal setentrional e nororiental, e constituído por seis enclaves sen continuidade territorial. Habitado principalmente pola tribo dos sothos do N, obtivo a autonomía en 1972.