lectina
lectina
s
f
[BIOL]
Grupo de proteínas illadas orixinariamente en plantas, pero que máis tarde se atoparon en todo tipo de organismos. Poden presentar distinta función segundo o lugar en que se atopen, así, nas sementes, son proteínas de reserva tóxicas que impiden que os animais as coman, nas plantas fan unha función de recoñecemento das raíces hóspedes arredor de bacterias simbióticas, algunhas promoven a mitose e, nos animais, desenvolven unha resposta inmunitaria. Utilízanse nas investigacións contra o cancro.