legume
(
-
s
m
[BOT/ALIM]
Froito deshicente e monocarpelar, característico das fabáceas, que se desenvolve no interior dunha vaíña e abre pola sutura ventral e polo nervio medio do carpelo. Distínguense as legumes secas, que son as raíces das fabáceas que, como os garavanzos, as fabas, os chícharos, as soias e as lentellas, se poden conservar dunha estación a outra. Os legumes verdes consómense frescos, e xeralmente con vaíña, como os feixóns tenros, as fabas tenras, e algunhas clases de chícharos. O papel económico dos legumes deriva da súa considerable importancia dentro da nutrición humana nos países deficitarios de carne, pois conteñen proteínas vexetais que substitúen parcialmente as de orixe animal. Algúns legumes empréganse tamén como forraxe para o gando. Cómpre destacar no consumo a tendencia á substitución, sobre todo en EEUU e en Europa, de legumes ricos en féculas por outros máis pobres pero con máis contido vitamínico.
-
s
m
[BOT]
Planta que dá estes froitos.