leito

leito

(

  1. s m

    Moble que se emprega para descansar e durmir.

    Ex: Preparou o leito para deitarse.

    Sinónimos: cama.
  2. s m

    Calquera lugar sobre o que se dorme.

    Ex: Durmiu nun leito de follas.

  3. s m

    Base sobre a que se coloca algo.

    Ex: Serviron o peixe sobre un leito de espinacas.

  4. s m

    Fondo do mar, dun río ou dun lago.

  5. s m

    álveo.

  6. s m

    Parte do carro destinada a levar a carga.

    Sinónimos: chedeiro.
  7. s m [ARQUIT/CONSTR]
    1. Capa de materiais dos cimentos dunha construción que se dispoñen a maior profundidade.

    2. Cara estendida de calquera material que serve de asento a outro.

    3. Cara dun perpiaño ou ladrillo sobre a que se sitúa a fileira superior.

    4. Cada unha das dúas superficies dunha doela. 

  8. s m

    Fendedura que se lle fai ao piso do zoco para que se adapte á forma do pé.

  9. leito de estratificación [XEOG]

    Cada unha das caras que sinalan nunha serie sedimentaria o paso dun estrato a outro. Representa unha descontinuidade na sedimentación, que se traduce nunha zona máis débil por onde facilmente se separan os estratos.

  10. leito filtrante [QUÍM/TECNOL]

    Preparación feita cunha materia fibrosa e resistente, como a la de vidro ou o asbesto, para que actúe como filtro.

  11. leito fluvial

    Espacio do río polo que discorren as augas. Segundo o caudal do río o leito pode ser máis grande ou máis pequeno, así o leito de inundación está ocupado nas épocas de enchenta, mentres que o leito de estiaxe é o ocupado nas épocas de seca. O caudal normal do río discorre polo leito aparente, xeralmente delimitado polo arredondamento dos materiais que transporta.

Palabras veciñas

leiteiro -ra | leitería | leitmotiv* | leito | leitón | leitoso -sa | Leitrim