leituga
(< lat lactūca)
-
s
f
[PLANTA]
Planta herbácea anual, que presenta follas basais grosas co bordo rizado ou enteiro, e flores de cor amarela dispostas en capítulos. Florece en primavera e verán. É rica en ferro, vitaminas B 1 , B 6 , C e provitamina A, é comestible, e as súas follas cómense crúas, xeralmente aderezadas con aceite, sal e vinagre, tanto soa como acompañada doutros ingredientes. O seu cultivo en Galicia é moi común e está moi estendido. Hai moitas variedades, que se diferencian pola forma das follas o pola cor.
-
s
f
[PLANTA]
tarrelo.
-
leituga brava
[PLANTA]
Planta anual ou bienal, de talo robusto, duns 60 a 200 cm de altitude, con follas ovais ou pinnatisectas e capítulos de cor amarela pálida reunidos nunha gran panícula, que florece en xullo e agosto. É tónica e calmante, polo que ten usos terapéuticos en xaropes contra a larinxite, asma e outras afeccións.
-
leituga de mar
[PROTISTA]
lavacán.
-
leituga dos porcos
[PLANTA]
Planta herbácea anual, de 5 a 50 cm de lonxitude, que presenta follas en mouta basal e invólucro piloso. Florece entre marzo e agosto.
-
leituga silvestre
[PLANTA]
Planta anual ou bienal, con talo de ata 180 cm de altitude, que presenta follas dentadas e inflorescencia en panícula, con flores de cor amarela pálida.