Lemna

Lemna
[PLANTA]

Xénero de plantas herbáceas, flotantes, da familia das lemnáceas, que se caracterizan por ter follas lenticulares e flores unisexuais. Atópanse en augas tranquilas das zonas temperadas, formando un manto verde sobre a superficie.