lémures

lémures

(< lat lemŭres)

  1. s m pl [MIT]

    Espíritos do mal que, entre os etruscos e romanos, se lles aparecían aos vivos para asustalos. En Roma eran conxurados na festa das Lemuria, que se celebraba cada 9 de maio e os días impares seguintes (11 e 13). De noite o pai de familia saía descalzo da casa, lavaba as mans na auga dunha fonte e, volvendo a cabeza, guindaba á escuridade feixóns, que se cría que eran recollidos polos lémures; este rito ía acompañado da pronunciación dunha fórmula fixa nove veces. Logo o celebrante purificaba outra vez as mans batendo nun obxecto de bronce, momento en que repetía outra fórmula diferente. Nese momento podía virar a cabeza porque os lémures xa marcharan ata o ano seguinte.

  2. s m pl [ESOT]

    Imaxes irreais que alguén ve ou ten na súa imaxinación e que, polo xeral, producen moito medo.

    Sinónimos: espectro.

Palabras veciñas

Lempira | Lemur | lémure | lémures | lemúrido -da | lemuriforme | lemuroideo -a