lenca
lenca
-
adx
Relativo ou pertencente aos lenca.
-
s
[ETN/HIST]
Individuo do grupo de pobos lenca.
-
s
m pl
[ETN/HIST]
Grupo de pobos indíxenas de América Central, que habitan nas rexións central e occidental de Honduras e se estenden pola costa do Pacífico, desde o golfo de Fonseca, ata o río Lempa (tribos guajiquero, opatoro e similitón), ao NL de El Salvador (tribo chilanga) e ao SO de Guatemala (tribo popoloca).