Lenda Dourada
Lenda Dourada
[LIT/RELIX]
Colección de vidas de santos e lendas piadosas, obra de Iacobo da Varazze (1266?), titulada tamén Historia lombardica. Baséase na Escritura, Casiodoro, Xerome, Agostiño, Beda e outros. Pouco valiosa historicamente, evidencia, sen embargo, unha vea poética inxenua, unha fe profunda e unha grande imaxinación.