Leoncio/Leoncia

Leoncio/Leoncia
[ONOM]

Antropónimo que ten a súa orixe no nome grego Leontios, derivado do adxectivo leontios ‘semellante a un león’, ‘leonino’. Teñen este nome san Leoncio (s IV), bispo e mártir de Cesarea (Capadocia), celebrado o 13 de xaneiro; e san Leoncio de Saintes (s VII), celebrado o 19 de marzo.

Palabras veciñas

Leoncio | Leoncio de Saintes, | Leoncio, san | Leoncio/Leoncia | leone | Leone, Giovanni | Leone, Sergio