Leonor

Leonor
[ONOM]

Antropónimo feminino de orixe discutida que procede do árabe ‘Deus é a miña luz’, do provenzal Alienor (posiblemente en relación co gótico alan ‘medrar’) ou do gálico Leonorius. Presenta as variantes Eleonor, Leonora, Lionor, Lianora e os hipocorísticos Nor, Nora, Nené e Nonó. Destacan con este nome Leonor de Provenza (1292), raíña de Inglaterra, e Leonor (s XIV), filla do conde Raimón Berenguer IV de Barcelona e esposa de Eduardo III de Inglaterra. A súa festividade celébrase o 22 de febreiro.