Leontodon

Leontodon
[PLANTA]

Xénero de plantas herbáceas, vivaces, da familia das asteráceas, que presenta talos solitarios cun sistema radicular que pode estar ou non engrosado, follas radicais, dentadas ou pinnatiseptas, capítulos terminais de flores liguladas de cor amarela e froito en aquenio. Comprende unhas 60 especies distribuídas por Europa, a rexión mediterránea, Asia central e América do Norte.