leopardo

leopardo

(< lat leopardu)

  1. [ANIMAL]
    1. s m

      Mamífero carnívoro que ten o corpo áxil e musculado e un pelame característico de fondo pardo cun gran número de manchas negras co centro claro. Mide arredor de 1-1,5 m e pesa entre os 60-80 kg. Trepa ás árbores, onde leva a súa presa para evitar que lla rouben outros depredadores. Vive en toda clase de hábitats, tanto en bosques tropicais como en zonas áridas, na montaña e na chaira. Entre os félidos, é o que ten unha área de distribución máis extensa, posto que se atopa en case toda África, ao S de Asia e en Insulindia. En Sri Lanka e en Insulindia habitan formas de pelaxe negra (teñen máis melanina) coñecidas como pantera negra. Existen sete subespecies de leopardo, das que catro están en perigo de extinción (P. p. orientalis, P. p. tulliana, P. p. panthera e P. p. nimr) e problablemente a P. p. adersi, de Zanzíbar, xa estea extinta. As subespecies máis comúns son P. p. pardus (norteafricana) e P. p. jarvis (leopardo de Sinaí).

      Sinónimos: pantera.
    2. leopardo das neves [Uncia uncia, Fam dos félidos]

      Mamífero carnívoro, que habita nas montañas do Himalaia, Afganistán, Pakistán, India, China e Nepal, en elevacións de entre 2.000 a 6.000 m de altitude. Mide entre 1 e 1,3 m de lonxitude, aliméntase de pequenos e medianos mamíferos e ten hábitos diúrnos, aínda que cando é máis activo e no amencer e no ocaso. Está considerada unha especie en perigro de extinción.

      Sinónimos: irbis.
  2. [HERÁLD]
    1. s m

      Figura heráldica que representa un leopardo pasante coa cabeza de fronte, amosando os dous ollos e a borla caída da cola cara a fóra.

    2. leopardo leonado

      Figura do león cando está en posición rampante pero coa cabeza de fronte.

    3. leopardo natural

      Figura do león cando está representado ao natural, xeralmente como soporte.