Lepidion
Lepidion
[ANIMAL/ICT]
Xénero de peixes teleósteos da familia dos móridos. En Galicia está presente a especie L. aeques, que ten unha barbela no queixo e unha longa aleta dorsal (co primeiro radio moi alongado), o corpo de cor parda e as aletas escuras. Vive illado ou en cardumes, entre os 127 e 1.850 m de profundidade.