Lepidotrigla
Lepidotrigla
[ANIMAL/ICT]
Xénero de peixes perciformes, da familia dos tríglidos, que presenta o corpo cónico e fusiforme, con dúas aletas dorsais. En Galicia está presente a especie L. cavillone (tamén común no Mediterráneo), que ten unha leve depresión na rexión occipital, a cabeza con perfil truncado e uns 25 pares de espiñas na zona ventral, debaixo da aleta pectoral.