Lerins

Lerins

Antigo nome de dúas illas situadas diante de Cannes, en Provenza. A máis pequena, Saint-Honoré, foi sé dun mosteiro célebre, fundado por san Honorato cara a 400. Foi un foco monástico e cultural das Galias nos ss V e VI, do que xurdiron figuras relevantes como Cesario e Hilario de Arles e Patricio, apóstolo de Irlanda. Secularizado en 1788, os cistercienses renovaron a vida monástica en 1871.