Leteo
Leteo
[MIT]
Río que fluía nos infernos. Nel bebían os mortos, cando entraban no outro mundo, para esquecer a súa vida terrestre, e os que crían na metempsicose afirmaban que as ánimas, antes da súa reencarnación, bebían tamén nel para esquecer o que viran nese outro mundo.